domingo, 19 de diciembre de 2010

Abe Rábade

Hai pouco coñecín a obra dunha personaxe de Compostela que me deixou verdaderamente marabillada. Se trata de Abe Rábade, compositor, productor, arranxista e lider de diversas formacións musicais. Con só 33 anos leva as súas costas unha prolífica carreira e conta xa con numerosas distincións, entre as que se atopan:
  • 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (2001)
  • Premio Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España da SGAE (2002)
  • Premio Aula X ao Mellor Solo nas X Xornadas sobre Jazz da UNED (2007)
Pero, sen dúbida, de entre todos os seus moitos e variados traballos, elixo o que desenvolve xunto a Ugía Pedreira e Guadi Galego coa agrupación Nordestin@s. Logran levar a cabo unha auténtica actualización da música galega, ao saber mesturar con mestría o cálido son das voces de Ugía e Guadi coas filigranas que borda entre sons Abe Rábade. Un auténtico traballo de artesanía feita música. Noraboa!



Saber máis de Nordestinos

domingo, 28 de noviembre de 2010

Compostela: cidade de cine

Pois parece que a Santiago lle gusta o cine, ou que ao cine lle gusta Santiago, que para o caso é o mesmo.
Se ben aínda non rematou o festival Cineuropa do que falabamos o outro día, xa se está a plantexar un novo evento para cinéfilos. Trátase do “XIII Congreso de la Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC)” que se celebrará do 10 ao 12 de marzo do 2011 baixo o título “Aurora e melancolía. O cine español durante a Segunda República (1931-1939)”.
Se eres alumno dalgunha das universidades galegas, a inscripción é gratuíta, mentres que para os demáis o prezo son 65 euros. Hai prezos especias para participantes con Ponencia ou Comunicación e para socios da AEHC. En breve haberá máis información na web do colectivo.  
Que Santiago era unha cidade de cine, é algo que ninguén dubida, pero parece que agora esta afirmación cobra máis sentido que nunca. Noraboa Santiago, noraboa cinéfilos.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Cineuropa

Oliver Laxe

Desde o pasado 10 de novembro e ata o vindeiro 3 de decembro a actualidade da cidade está marcada por Cineuropa, o festival de cine organizado polo Concello de Santiago e dirixido por Jose Luis Losa. Durante os 24 días que dura a 24º edición deste festival proxectaranse máis de 130 filmes independentes dos que máis de 50 son galegos. Ademais, outorgaranse tres premios: dous elixidos pola organización e un terceiro á vontade do público. Este ano os galardoados son Pilar López de Ayala e o franco-galego Oliver Laxe, quen recibiu  recentemente en Cannes o premio da crítica internacional para a mellor película da Quincena de Realizadores por “Todos sois capitanes”.
Por último, salientar que está en estudo a continuación da proxección de filmes independentes durante todo o ano. Esta proposta sería marabillosa e permitiría dar un pulo ao traballo de tantos e tan bos profesionais do mundo audiovisual que temos en Galicia. Pero mentres isto non se fai realidade, aínda podedes aproveitar esta edición de Cineuropa. As entradas están á venta no 902 43 44 43, no despacho de billetes do Teatro Principal ou na web de Caixagalicia.  
Déixovos o enlace ao programa do festival, e para ir abrindo boca un resumo de que podedes ver hoxe mesmo:

TEATRO PRINCIPAL
  • 18:15 h ROMPECABEZAS de Natalia Smirnoff
  • 20:00 h MONSTERS de Gareth Edwads
  • 21:45 h MORRER COMO UM HOMEN de Joao Pedro Rodrigues


AULA SOCIOCULTURALDE CAIXA GALICIA
  • 18:00 h BAL [HONEY] (MEL) de Semih Kaplanoglu
  • 20:00 h NE CHANGE RIEN Pedro Costa
  • 21:45 h CINCO de Cinthia Varela, Marco Berger, Cecilia del Valle, Andrew Sala e Francisco Forbes
CGAC
  • 18:30 h LA MIRADA DE OUKA LEELE de Rafael Gordon
  • 20:45 h DIFICILMENTE O QUE HABITA PERTO DA ORIGEM ABANDONA O LUGAR de Catarina Rosendo e Olga Ramos
SEDE FUNDACION CAIXA GALICIA
16:00 h Ciclo Paz e Dereito s Humano s.Foro Mundial de Educacion e Cultura de Paz: Curtametraxes ganadoras do Premio do Xurado Xove no Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Donostia 
  • NASUA de Guillermo Rios Bordon
  • FGM de Jon Garano
  • EL NUNCA LO HARIA de Anartz Zuazua 

martes, 16 de noviembre de 2010

Movementos que riman

Ás  veces é difícil saber o que é arte e o que non. Mais que na obra en si, penso que é importante fixarse en quen a produce e en como a produce para saber se é un artista dos que teñen talento ou un artista dos que teñene moita cara.

Hai unha persoa no panorama artístico compostelá que exemplifica moi bien o que é arte: Branca Novoneyra. Xa con ese apelido, non se poderia esperar outra cousa. O seu pai foi un poeta da palabra, ela é a poeta da danza que converte en versos os movementos do seu corpo. Tamén se atreve coa poesía tradicional e publicou en 2009 o libro de poemas Dentro do Labirinto. Pero non queda ahí a cousa, soubo facer rimar devoción con "obligación" e completou os seus estudios de Ciencias Políticas.
Un dos seus moitos proxectos é o Laboratorio de Movementos no que se ofrecen clases de todo tipo de estilos de bailes. Se pinchades no enlace podedes ver o blog desta institucion, no que informan das novidades que programan.
Noraboa, Branca. Fan falta artistas con ganas e frescura no noso panorama. Se queredes comprobar por vós mesmos do que Branca é capaz, pinchade no seguinte enlace e disfrutade.


domingo, 14 de noviembre de 2010

O primeiro: presentarse


Este blog fala de Santiago, dos proxectos de futuro, das cousas de sempre, das cousas de hoxe que mañán ninguén lembrará, das súas cifras, das súas letras, dos seus edificios, das súas ruínas, dos seus sons, dos seus silencios, dos seus concertos, dos seus artistas, dos seus sabores, dos seus costumes, das súas xentes, dos que veñen de fóra, dos que estiveron sempre, dos que xa non están, dos que deixaron a súa pegada, dos que seguiron as pegadas doutros... E, é que Compostela non é máis que unha suma de todo isto, unha testemuña en pé do paso do tempo nun recuncho da Europa ao que algúns chaman o Fin do Mundo.
Desde hoxe, e espero que por moito tempo, convido-vos a que agarredes a miña man e emprendades conmigo este Camiño que nos levará aos lugares máis insospeitados da cultura santiaguesa.